Escoita Ruxe-Ruxe nos seguintes canais!

[Pulsa sobre o logo correspondente e dálle o play!]

exposición RUXE RUXE 1996 – 2021: 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO

NA ZONA C (Compostela)

Dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco “O estraño falar dun monstro da aldea” (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfica do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfica de grande valor.
Moitas destas pezas son obra de artistas composteláns, como o creador do logo Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé “Arinspunk”, Miguel Duarte ou Javi Bermejo, pero non só, tamén outros grandes como o mítico Grupo Revisión con Pepe Barro á fronte, Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez “Diebujitos”, Laura Romero ou Raio Díaz (Caramuxo) son parte da historia gráfica dos Ruxe Ruxe.
A arte dos seus case 20 traballos discográficos, cartelería de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda.
Nesta exposición atopamos unha pequena mostra desta inmensa colección, a celebración en imaxes do 25 aniversario dos Ruxe Ruxe.

Uncategorized Deixar un comentario
DISCO TRIBUTO por parte d@s nos@s amig@s !!!

eternamente emocionados e agradecidos polo disco tributo que un montón de amigas e amigos compartiron con nós fai uns días !!!

Uncategorized Deixar un comentario
ruxe ruxe no Resurrection Fest (2022)

o domingo 3 de xullo teremos a honra de estar nun dos festis máis bonitos do mundo !!! alí vos agardamos !!!

Uncategorized Deixar un comentario

Ler máis novas

Concertos 03 Xul 2022 VIVEIRO RESURRECTION FEST RESURRECTION FEST Mercar entrada
Discografía O estraño falar dun monstro da aldea (2020) ALFAIA PUNK EP (2020) PETOS FURADOS EP (2020) 20 (2016) Buy Sempre Adiante (2015) Un Mundo Perfecto (2015) Némesis (2014) Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) Na Fura de Diante (2010) Xigantes (2008) Comercial (2006) Fervendo (2004) A Terra dos Comentos (2002) Non Temos Medo (2000) Ruxe-Ruxe (1999) Rarezas 96/14
Tenda O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA 10,00Engadir ao carro 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE 13,00Engadir ao carro pack babeiro + body ruxe ruxe 15,00Engadir ao carro 20 10,00Engadir ao carro Camisola Cancións Ceibes 10,00Engadir ao carro Camisola 20segundos 10,00Escoller opcións Camisola Rock do País 10,00Escoller opcións Camisola Ruxe Ruxe 10,00Escoller opcións Sempre Adiante (dvd) 10,00Engadir ao carro UN MUNDO PERFECTO 10,00Engadir ao carro Némesis 10,00Engadir ao carro Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e SilveirasPuntuado 1.00 de 5 10,00Engadir ao carro Na Fura de Diante 10,00Engadir ao carro Xigantes 10,00Engadir ao carro Comercial 10,00Engadir ao carro Fervendo 10,00Engadir ao carro A TERRA DOS COMENTOS 10,00Engadir ao carro
Galerías RUXE RUXE 2021

Ver galería

RUXE-RUXE

Ver galería

AUDIOVISUAIS

ESTRELAS E SEREAS O ESTRAÑO FALAR SAE O SOL ALFAIA PUNK DODGE CHARGER 20 SEGUNDOS Nada Máis Soños Cancións Ceibes Rock do País Buratos Que máis ten Rock Roll Heróe Contra Todo