Servizo de asesoramento en materia de vivenda

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear os canles de información necesarios para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban comoactuar ante esta situación.

Leer más

12 de Xullo do 2022: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por todos e todas a avogadas de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio. Leer más

Curso de Dereito de Estranxeiría 2022

MATRÍCULA ABERTA

As migracións convertíronse nunproceso demográfico natural que non é alleo a ningunha rexión do planeta ou momentohistórico, mais a cifra de persoas migrantes foi crecendo progresivamente no séculoXXI. Este incremento ten varios motivos, entre os que se atopan a violencia, apobreza, o cambio climático ou os conflitos armados. Estes últimos moipresentes na actualidade debido á guerra entre Rusia e Ucrania.

Leer más

Responsabilidade civil profesional e o seu seguro

A Fundación INADE organiza esta xornada o 22 de abril en sesión matinal no Paraninfo da Universidade da Coruña, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego de Colexios Médicos e o Consello Galego de Economistas.

O avogado Juan Antonio Armenteros Cuetos participará, en representación do Consello da Avogacía Galega, na mesa redonda «A visión gremial da responsabilidade civil profesional».

No transcurso da xornada presentarase oficialmente o sexto volume da colección Cadernos da Cátedra que, baixo o mesmo título, elaborou Xosé Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.


De que se falará:

Da responsabilidade civil derivada de danos causados como consecuencia da realización de actividades profesionais.Da xestión do risco da RC profesional de avogados, arquitectos, economistas e médicos.Das solucións que proporciona a industria aseguradora para transferir o risco da RC profesional.

Programa da xornada

Acceso á inscrición

A Avogacía Galega rende homenaxe ao procurador Argimiro Vázquez Guillén

No día de hoxe representantes do Consello da Avogacía Galega fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa polo seu traballo de máis de 50 anos colaborando coa avogacía galega.


Leer más